Saturday, November 22, 2014

BOLETIN 2

Boletin 2
1.-Un satélite de 200 kg orbita a  600 km de altura.
a)Deducir a expresión da velocidade orbital
b)Calcula o periodo de xiro
c)Calcula a enerxía de enlace
Datos: T= 6400km; g0 = 9,8 SI

2.- Un planeta describe unha órbita plana e elíptica arredor do Sol. ¿Cal das seguintes magnitudes éconstante? a) o momento lineal; b) a velocidade areolar; c) a enerxía cinética.
3.-Deséxase poñer un satélite de masa 103kg en órbita arredor da Terra e a unha  dúas veces o radio terrestre.
Calcular:
a) a enerx¡a que hai que comunicarlle desde a superficie da Terra;
b) a forza centrípeta necesaria para que describa a órbita;
c) o período dosatélite en dita órbita.
(Datos: g0 = 9,8 ms-2; R= 6.370 km)
4.- Deséxase poñer en órbita un satélite de 1800 kg que xire a razón de 12,5 voltas por día. Calcula:
a) o período do satélite;
b) a distancia do satélite á superficie terrestre;
c) a enerxía cinética do satélite nesa órbita.
(Datos: G = 6,67·10-11 SI; RT = 6378 km; MT = 5,98·1024 kg).
5.-O traballo realizado por unha forza conservativa: a) diminúe a enerxía potencial, b) diminúe a enerxía cinética; c) aumenta a enerxía mecánica.
6.-En relación coa gravidade terrestre, unha masa m:
a) pesa máis na superficie que a 100 km de altura;
b) pesa menos;
 c) pesa igual
7.-Os satélites Meteosat son satélites xeoestacionarios (situados sobre o ecuador terrestre e con período orbital dun día). Calcula: a) a altura á que se atopan respecto á superficie terrestre; b) a forza exercida sobre o satélite; c) a enerxía mecánica. (Datos: RT = 6,38·106m; MT = 5,98·1024kg; msat = 8·102kg; G = 6,67·10-11SI
8.-Dúas masas de 50 Kg están situadas en
A( -30, 0) e B(30, 0) respectivamente (coordenadas en metros).
Calcula: a) o campo gravitatorio en P(0, 40) e en D(0, 0); b) o potencial gravitatorio en P e D; c) para unha masa m¿onde é maior a enerxía potencial gravitatoria, en P ou en D?; (Datos: G = 6,67 .10-11 SI )


Wednesday, October 29, 2014

POSTA EN ÓRBITA DUN SATÉLITE


BOLETIN 1

BOLETIN 1. CAMPO GRAVITATORIO
1.-As relacións entre as masas e os raios da Terra e da Lúa son: MT/ML= 79,63 y RT/RL = 3,66;
a) calcula a gravidade na superficie da Lúa;
 b) calcula a velocidade dun satélite xirando arredor da Lúa nunha órbita circular de 2300 km de raio;
 c) ¿onde é maior o período dun péndulo de lonxitude l, na Terra ou na Lúa?
( Datos: g0 = 9,80 ms-2; RL = 1700 km).
2.- Se a Terra se contrae reducindo o seu raio á metade e mantendo a masa:
a) a órbita arredor do Sol  será a metade;
b) o período dun péndulo será a metade;
c) o peso dos corpos será o dobre
3-Plutón describe unha órbita elíptica arredor do Sol. Indica cál das seguintes magnitudes é maior no afelio  (punto máis afastado do Sol) que no perihelio (punto máis próximo ao Sol):
 a) momento angular respecto á posición do Sol;
 b) momento lineal;
c) enerxía potencial.
4.-- No movemento dos planetas en órbitas elípticas e planas arredor do Sol mantense constante:
a) a enerxía  cinética;
b) o momento angular;
c) o momento lineal.
5.-Se a masa da Lúa é 0,012 veces a da Terra e o seu raio é 0,27 o terrestre, acha:
a) o campo gravitatorio na Lúa;
b) a velocidade de escape na Lúa;
c) o período de oscilación, na superficie lunar, dun péndulo cuxo período na Terra
é 2 s.
(Datos: g0T = 9,8 ms-2
RL = 1,7.106 m )
6.- No movemento dos planetas en órbitas elípticas e planas arredor do Sol
mantense constante: a) a enerxía cinética; b) o momento angular; c) o
momento lineal.